981 06 54 60 (de 7,30 h a 19,30 h) / 696 966 362 (WhatsApp) hola@monchoborrajo.es

MONCHO BORRAJO NA FEIRA DO LIBRO DE LUGO

Feira do libro de Lugo

O Día das Letras Galegas, 17 de maio, Moncho Borrajo acudiu á Feira do Libro de Lugo para asinar exemplares do seu libro Escolma do humorismo gráfico. Previamente a que comezase a sinatura de exemplares a partir das 19:30 horas, participou tamén nunha actividade programada pola Fundación Manuel María consistente na lectura de poemas do autor da Terra Chá, como se pode comprobar nalgunhas das fotografías.

Numerosos admiradores acudiron a recibir a súa dedicatoria formándose en diferentes momentos unha cola de xente agardando a súa quenda, así como moitas persoas solicitaron sacar fotografías ao seu carón para levar de recordo. Houbo mesmo quen lle fixo entrega dalgunha publicación da súa autoría como agasallo persoal.

O acto durou ata o remate da xornada na feira ás 21 horas. A próxima sinatura de libros que ten programada será o vindeiro mércores, día 24 de maio, no Corte Inglés de Santiago de Compostela.